Xournal é un programa libre que funciona en calquera ordenador con windows xp, 7, vista ou linux (ubuntu, mint, etc).
A súa principal utilidade é anotar sobre documentos pdf, permitindo subliñar con rotulador transparente, escribir e debuxar, facer lineas rectas e polígonos, escribir co teclado... todo iso sobre o pdf orixinal e coa posibilidade de gardar (exportándoo) o novo arquivo coas túas anotacións a outro pdf.